Decálogo do bo Administrador de fincas e Comunidades de propietarios
- 1. Ocúpase de todo:atende as necesidades, xestiona e resolve os pro- blemas da comunidade evitando preocupacións aos propietarios da comunidade
- 2. Forma parte dun equipo cualificado de profesionais capaces de atender e resolver calquera necesidade das comunidades de propietarios.
- 3. Atende e soluciona os problemas da comunidade de forma inmediata.
- 4. Leva as contas ao día e de forma totalmente transparente: presenta informes económicos periódicos, orzamentos e liquidacións anuais para informar os veciños e axudarlles a tomar decisións.
- 5. Administra os fondos destiñados á administración da comunidade a través dunha conta bancaria independente a nome da comunidade.
- 6. Reduce o gasto das comunidades negociando as tarifas cos provedores existentes no mercado: unha xestión profesional da rede de provedores pode supor un aforro de ata un 15% nos gastos da comunidade.
- 7. Consegue financiamento e/ou subvencións para facer fronte a obras de remodelación ou mellora das comunidades.
- 8. Xera ingresos extra para a comunidade: propón novas formas de obter diñeiro para facer fronte a gastos imprevistos, por exemplo, a través de anuncios publicitarios nas fachadas que precisan unha remodelación.
- 9. Xestiona o pago das débedas de veciños morosos: informa á comunidade dos propietarios que non abonan a cota e reclama o pago da débeda a través dun equipo especializado de avogados e procuradores.
- 10. Preocúpase pola calidade do servizo: avalía periodicamente a actividade dos provedores e o resultado dos traballos en caso de obras de mellora e grandes reparacións.

