A visita a este website non supón que o usuario estea obrigado a facilitar información algunha sobre si mesmo. No caso de que proporcione ó usuario algunha información de carácter persoal, os dados recollidos neste website (formulario) serán utilizados coa finalidade, na forma e coas limitacións e dereitos que recolle a Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Dados de Carácter Persoal, na súa redacción dada pola Lei 62/2003, de 30 de decembro.

Os dados facilitados polos usuarios serán incorporados a un ficheiro de carácter persoal denominado CLIENTES, do que é responsable Fidelia en España, que cumprirá coa súa obriga de notificación previa á Axencia de Protección de Dados, da creación de ficheiros de carácter persoal e así mesmo comunicará á citada Axencia, os cambios que se produzan na finalidade do ficheiro, no seu responsable e na dirección da súa situación. O Rexistro Xeral de Protección de Dados inscribirá os ficheiros, asegurándose Fidelia, que as notificacións se axustan ós requirimentos esixibles.

Fidelia adoptou as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantila seguridade e integridade dos dados, así como para evitala súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

Os nosos dados reciben o tratamento dun valioso activo, que ten que ser protexido contra calquera posible perda ou acceso non autorizado. Utilizamos técnicas de seguridade da información para protexer axeitadamente a nosa información confidencial de calquera acceso non autorizado.

Os usuarios que faciliten dados de carácter persoal, consenten inequivocamente a incorporación dos seus dados aos ficheiros, que conteñan dados de carácter persoal, dos que sexa responsable Fidelia, así como o tratamento informatizado ou non dos mesmos co fin de que poidan ser utilizados por Fidelia, cunha finalidade comercial, financeira, operativa, estatística e actividades propias do seu obxecto social, autorizando expresamente a Fidelia, para a extracción, almacenamento de dados e estudos de marketing ó obxecto de adecuar as súas ofertas ó perfil particular.

Fidelia procederá á cancelación dos dados recollidos cando deixen de ser necesarios ou pertinentes para a finalidade para a que foran solicitados ou rexistrados

No caso de que os dados recollidos se utilizasen para unha finalidade distinta para a cal foran solicitados ou rexistrados se requirirá o consentimento previo dos interesados.

Os usuarios que faciliten os seus dados de carácter persoal, prestan o seu consentimento expreso para que poidan ser comunicados para a súa utilización a Fidelia para a realización de actividades propias do seu obxecto social. Os usuarios que faciliten dados de carácter persoal quedan informados que dita comunicación se produce no mesmo momento en que proporcionan os dados a Fidelia.

Os usuarios cuxos dados sexan obxecto de tratamento poderán exercitar gratuitamente os dereitos de oposición, acceso e información, rectificación, cancelación dos seus dados e revogación da súa autorización sen efectos retroactivos nos termos especificados na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Dados de Carácter Persoal, conforme o procedemento legalmente establecido. Estes dereitos poderán ser exercitados dirixindo comunicación por escrito e achegando copia do seu N.I.F. a Fidelia, con dirección social Avenida de Portugal, 10 Baixo Dereita, 32002, Ourense, España, Teléfono: 988 611 815 ou a través da dirección info@fidelia.es co asunto BAIXA.

No momento de proceder á recollida dos dados se indicará o carácter voluntario ou obrigatorio dos dados obxecto de recollida. A negativa a proporcionar os dados cualificados obrigatorios suporá a non prestación ou a imposibilidade de acceder ó servizo para os que foran solicitados.

No caso de que os usuarios deste website deberan facilitar a súa dirección de correo electrónico para acceder a algúns dos servizos ofertados poderán manifestar que no desexan recibir ningún tipo de comunicación que Fidelia puidese enviar, sempre que non estea ligada estritamente á finalidade para a que se solicitou o servizo. Fidelia porá a disposición dos usuarios que se inscribiran nalgún tipo de lista de correo dentro deste website os mecanismos axeitados para darse de baixa da mesma.